Como vive a mocidade galega a crise da COVID19

Alexandra, Estudante de 2º de BACH

Tes aulas interactivas? Cres que este modelo é xusto con todas as alumnas? 

As aulas interactivas non se teñen por parte de todo o profesorado, eu no meu caso non as teño, ademais, é un medida inxusta xa que algunhas compañeiras non poderían seguilas no caso de telas. Somos totalmente conscientes de que existe unha desigualdade tecnolóxica, non todo o mundo ten aceso a internet e incluso en moitas familias só hai un ordenador o que dificulta a compatibilidade de horarios se tes irmáns ou os teus pais teletraballan.

Como afectou a crise do COVID19 ó teu desenvolvemento nos estudos?

Persoalmente un nivel de estres bastante preocupante, o estudantado está nun limbo sen saber que vai acontecer co seu futuro .Non avanzamos nas nosas materias e por parte do goberno central pretenden que sexamos máquinas, que sexamos produtivas como se non pasase nada tendo en conta que moita xente ante esta crise ten unha situación dificil na casa que xera de por si mais ansiedade. A saúde mental do estudantado é primordial e sobre todo nun curso xa de por si moi estresante como é segundo de bacharealto.

Cres que a xestion dende as autoridades educativas está sendo o correcto? 

A xestión das autoridades educativas deixa bastante que desexar, chegan ao punto de que non están tendo en conta nin á propia comunidade educativa e como incluso o profesorado non sabe o que vai acontecer. A xunta ten as competencias de educación e tardou en se pronunciar ao respecto para dar instruccións claras, estamos constantemente pendentes dos trocos que se van facendo.

Que tipo de actuación terías levado a cabo ti? 

No momento en que se tiña coñecemento de que o confinamento ia durar mais do previsto rematar xa o curso. É mais que obvio que non se pode avanzar en contidos sobre todo cando non todo o mundo ten as mesmas oportunidades. Ante esta situación non se pode xogar aos “experimentos” co futuro do estudantado , por iso son precisas medidas claras e xustas, escoitar ás representantes sindicais por parte do profesorado e ter en conta tamén as organizacións estudantis que esixen.

Cal cres que é a mellor solución para o estudantado? 

A mellor solución para o estudantado é o remate do curso. Ante esta situación o que corresponde á terceira avaliación só pode contar en positivo xa que ningunha estudante pode verse afectada por non ter un aceso a internet e que isto lle imposibilitase a realización de certas tarefas. Tamén vexo unha solución importante a supresión das taxas universitarias do curso 2020-2021 .

Valoración persoal.

A xestión educativa foi tremendamente caótica, intervencións por parte da ministra do goberno central valeiras de contido onde non se decia absolutamente nada e unha Xunta que non respostaba xa que é esta a que ten as competencias educativas nA Galiza. Sen solucións claras ata fai ben pouco.

Realmente estamos traballando e a gran maioria preparándonos para un exame que vai marcar o noso futuro académico en base a ben pouco.

Leave a Reply

Your email address will not be published.