Esiximos en Bruxelas traballo digno

europa-3 A precariedade e a emigración da mocidade galega foron denunciadas polo Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, perante as institucións comunitarias en Bruxelas. Mera vén de denunciar ante a UE que a emigración da mocidade galega desde o 2012 trátase dun verdadeiro éxodo forzoso que alcanza xa a máis de 100.000 persoas mozas.

Na visita organizada polo BNG e a nosa representante en Europa, Ana Miranda, Mera espuxo a alternativa de Galiza Nova e o BNG para recuperar a mocidade emigrada e garantir traballo e vida digna na nosa terra, e que se está a recompilar no Plan Retorna do BNG.

europa-4Galiza Nova defendeu nas institucións da UE que o noso é un país rico, inmensamente produtivo e con grande capacidade industrial, que conta coa mocidade máis formada da historia desta nación, punteira en investigación, tecnoloxías e creación de coñecemento. Porén, as políticas antigalegas exercidas pola Xunta, Madrid e a propia UE, empurran a mocidade da Galiza á precariedade e a emigración.

Galiza Nova esixiu apoio a actuacións inmendiatas para que as mozas e mozos teñan traballo digno na nosa terra, para aproveitar o investimento que supón ter a xeración mellor formada da historia e que reverta na prosperidade da nosa nación.

Mera considera imprescindíbel para comezar a reverter esta situación que o desenvolvemento de políticas urxentes dirixidas a aproveitar as potencialidades de Galiza, apostar pola innovación, cando menos duplicando o investimento en I+D+i actual, apostar para que o noso tecido produtivo e industrial teña crédito para levar a termo os seus proxectos de investimento. Por iso, o BNG ten proposto medidas para que o aforro galego deixe de emigrar e se traduza en crédito e investimento en Galiza a través dunha Banca Pública Galega.europa-1

Por todo isto, desde Galiza Nova e o BNG estamos a deseñar e traballar polo desenvolvemento e aprobación dun Plan específico, dirixido a fomentar as condicións necesarias que permitan a volta a Galiza das persoas emigradas, particularmente da mocidade. Este é o Plan Retorna.

As nosas reivindicacións sumaron o apoio da EFAy, a mocidade da Alianza Libre Europea, con cuxo coordenador, Gerad Bona, se mantivo un encontro para trasladar a situación da xuventude galega e ampliar lazos de colaboración entre a mocidade nacionalista doutras nacións de Europa que tamén están a loitar pola súa soberanía e un mundo xusto e solidario.