Este 17 participa na mobilización do orgullo LGTBI en Compostela

Cada ano o movemento LGBTI conmemora aquel 28 de Xuño de 1969 no que un grupo de persoas, lideradas por mulleres trans racializadas como Sylvia Rivera e fartas dos constantes abusos por parte da policía contra as persoas máis marxinalizadas da comunidade, comezaron os históricos disturbios de Stonewall. Case 50 anos máis tarde as persoas LGBTI seguen a ser discriminadas no marco legal e social, en moitos casos sen poder saír á rúa ou de festa sen medo á violencia LGBTIfoba, e as mulleres trans racializadas seguen a sufrir abusos constantes dos corpos policiais.

Este sábado 17 de Xuño as compostelás gais, lesbianas, bisexuais e trans convocan unha concentración na praza 8 de marzo ás 20:00 na que reclamarán o seu dereito a ser diferentes, a romper co sistema cisheteropatriarcal, e a sentirse orgullosas de ser quen son. Dende Galiza Nova queremos mostrar o noso total apoio a esta mobilización e chamamos a toda a sociedade a acudir a esta praza para loitar por unha Galiza máis xusta e diversa.