ESTE FIN DE SEMANA GALIZA NOVA ORGANIZA AS XXVIII XORNADAS DE VERÁN DA MOCIDADE GALEGA

Presentación das XXVIII Xornadas de Verán de Galiza Nova na Comarca de Vigo

Vigo, 13 de SETEMBRO do 2017.“Baixo o título de A loita obreira en Vigo, desde Galiza Nova pretendemos achegar á militancia e simpatizantes de Galiza Nova unhas xornadas centradas no sindicalismo galego en xeral, e no vigués en particular”, declarou a Responsábel Comarcal, Jessica García. “Mais ao mesmo tempo introduciranse outras cuestións do ámbito da cultura, como por exemplo, unha visión histórica da nosa música ou roteiros que fan converxer a nosa historia, cultura e loita obreira”.

As Xornadas centraranse nas localidades de Vigo e Redondela, e serán presentadas polo Responsábel Comarcal do BNG de Vigo, Manolo Caride. “Entre as actividades principais están a visita a un estaleiro, unha palestra sobre a Historia recente da música na Galiza con Xurxo Souto, unha charla sobre o movemento obreiro en Vigo, a visita á Illa de San Simón con Luís Bará (deputado do BNG) ou un roteiro polo casco histórico, arquitectónico e literario de Vigo acompañadas de Marta Dacosta, entre moitas outras cousas, como a festa e o convivio”, relatou Jessica García.

“Estas Xornadas consideramos que combinan o carácter formativo, moi necesario nunha organización xuvenil como a nosa, e a festa e o convivio entre todas as participantes, por iso animamos a todo o mundo a participar nestas Xornadas e coñecer a Comarca de Vigo dende un enfoque novo e transformador”, afirmou Jessica García.

Para anotarse hai que enviar un correo a nacional@galizanova.gal enviando nome, apelidos, concello e teléfono de contacto.

O programa completo das Xornadas é o seguinte:

Venres 15

  • 17.45h Recibimento no local do BNG de Vigo. Falarán Serafín Otero, Responsábel do BNG de Vigo, Manuel Caride, Responsábel do BNG Comarca de Vigo e Jessica García, Responsábel de Galiza Nova Comarca de Vigo.
  • 18.00h  “O pasado e presente do sector naval galego”. Falará César Rodríguez- Responsábel do Sector Naval  da CIG. (no local do BNG de Vigo)
  • 19.30h “A historia recente da música na Galiza“. Falará Xurxo Souto (cantante, acordeonista, locutor e escritor)
  • 22.00h Cea (Redondela) .
Sábado 16
Domingo  17
  • 11.00h Viaxe en barco á Illa de San Simón e roteiro con Luis Bará, Deputado polo BNG (saída dende o porto de Cesantes).
  • 14:00h Xantar en Redondela.
  • 16.30h Roteiro literario polo casco histórico de Vigo con Marta Dacosta, profesora, escritora e sindicalista.
  • 17.30h Acción simbólica na Porta do Sol de Vigo con motivo do Día Internacional da Visibilidade Bisexual.

*HABERÁ MENÚ VEXETARIANO E VEGANO

Leave a Reply

Your email address will not be published.