Fascismo fóra de Arzúa, fóra da Galiza!

Desde Galiza Nova manifestamos o noso rexeitamento ao feito de que a Organización Juvenil Española (OJE) estea a realizar actividades en Arzúa. Tal e como expresou a nosa Responsábel Comarcal da comarca da Montaña, Lidya Castro, “cómpre non esquecer que a OJE é a organización xuvenil fundada polo “Movemento Nacional” é dicir, a Falange en 1960”

Nun estado que se diga democrático, non deberían ter cabida este tipo de organización fascistas adicadas a promover a intolerancia e o totalitarismo. Por iso desde Galiza Nova denunciamos que se destinen fondos públicos a fnanciar este tipo de institucións que, coma a Fundación Nacional Francisco Franco, se adican a espallar ideoloxías fascistas; e mostramos o noso compromiso de loitar por unha Galiza democrática, diversa, libre e soberana

Neste senso vimos de poñer en marcha unha campaña de rúa e mediante as redes sociais baixo o lema “Fascismo fóra de Arzúa, fóra da Galiza” e chamamos á mocidade galega a sumarse a este rexeitamento.

O nacionalismo e o indepentismo galego témolo claro, o único camiño é a ruptura do estado español, a creación dunha República Galega ao servizo das clases populares galegas. Desde Galiza Nova traballamos pola construción desta República Galega, social e democrática, que desterre o fascismo das nosas vilas, cidades e rúas, unha República Galega onde polo simple motivo de levar camisola coa bandeira da liberación da Galiza, non che den unha malleira pola rúa. Organicemos o antifascismo galego, construamos un futuro mellor para a nosa terra. Por nós e para nós, República Galega.

Fascismo fóra da Galiza! Fascismo nunca máis!