Fascismo nunca máis! Abonda xa de impunidade!

Desde Galiza Nova queremos denunciar publicamente a impunidade coa que nos últimos tempos veñen operando grupos de extrema dereita, e a connivencia do Partido Popular perante a exaltación da ditadura franquista no noso País por parte, incluso, de destacados militantes e cargos públicos deste partido. Denunciamos así mesmo, o asasinato en Grecia a mans do grupo neonazi Amencer Dourado do mozo grego Pavlos Fyssas, músico e rapeiro comprometido politicamente coa loita por unha sociedade xusta.

Non pode haber consentimento ante exaltación das ideas violentas, xenófobas e aniquiladoras das liberdades coma é o fascismo, máis aínda nun País coma o noso onde a violencia e a represión da ditadura se extenderon durante máis de 40 anos.

As mozas e mozos de Galiza Nova denunciamos a exaltación do franquismo realizada por membros de Novas Xeracións!

Por iso, desde Galiza Nova denunciamos a exaltación do franquismo que nos últimos tempos teñen realizado membros das mocidades do PP, así como as recientes declaracións do alcalde popular de Baralla que xustificou os asasinatos franquistas, a impunidade perante o chamamento pola Fundación Francisco Franco á intervención militar en Catalunya e ao golpe de estado, así como ante a homenaxe que fixo a Delegada do Goberno en Catalunya á División Azul. Así mesmo, denunciamos a reciente agresión homófoba que padeceron dous estudantes en Compotela a mans de xóvenes de ultradereita e amosamos a nosa solidariedade cos dous rapaces agredidos.

Lamentabelmente, todas estas mostras de impunidade coas que goza o fascismo, contrapóñense coa represión e sancións que padece a mocidade galega que se mobiliza polos dereitos sociais e nacionais.

Abonda xa de impunidade!