‘Feijóo estafa á mocidade galega’ denuncia Galiza Nova ante a sede do PP

empregoMoz@s de Galiza Nova protestamos ante da sede do PP de Compostela para denunciar a estafa que supón o Plano de emprego Xuvenil aprobado polo Consello da Xuntapara a mocidade galega xa que é unha cortina de fume que non soluciona o problema do desemprego nin da emigración xuvenil, e que só profundiza na precarización e temporalidade do pouco traballo existente.

Portando carteis cos datos do desemprego e da emigración xuvenil, mantivémonos na tarde deste mércores “inmobilizad@s” diante da sede do PP para visualizar a situación de inmobilización e parálise á que o PP pretende someter á mocidade galega, rematando coas posibilidades de acceder a un emprego e criminalizando a mobilización na rúa, por medio por exemplo da lei da mordaza e a perda de dereitos e liberdades sociais.

emprego 2

O Plano de Emprego Xuvenil aprobado no último Consello da Xunta entraña unha medida electoralista, xa que Feijóo vendeunos que vai destinar 100 millóns de euros á formación, cando os seus recortes en ensino, formación profesional, universidades e investigación superan con creces esta cifra. As persoas en formación ás que supostamente se lles facilitará o acceso a unhas prácticas desenvolverán un traballo profesional a prezo de saldo para as empresas (426 euros) e de forma temporal só por uns meses, namentres non computarán na lista do paro e o PP poderá disfrazar os datos de desemprego.

Desde Galiza Nova levamos moito tempo esixindo un outro plano de emprego e que sexa realemente efectivo

Desde Galiza Nova levamos moito tempo esixindo un outro plano de emprego e que sexa realemente efectivo e que incorpore un programa de inserción laboral para xente moza, acompañado dunha titorización e dunha renda laboral durante o período de formación laboral, ao tempo que se guíe a forza de traballo cara a sectores estratéxicos; a promoción de novos espazos de actividade para a xeración de emprego, a recuperación

IMG_20140226_194637

de investigadoras e investigadores novos que emigraron para que desenvolvan o seu coñecemnto nos sectores estratéxicos galegos, así como un plano de formación en restauración e rehabilitación de vivendas para mellorar a  capacitación e inserción laboral de moz@s desempregad@s procedentes do sector da construción, que permita ao mesmo tempo garanter vivenda para quen a precisar.