“Feminismo: Cando, Onde e Por que” Coloquio en Ourense

Este venres 15 de marzo ás 19:00h estaremos falando en Ourense, no Centro Social A Galleira con Noa Presas, Responsábel de Acción Feminista do BNG, nun coloquio que leva por título “Feminismo: onde, cando e por que”.

Desde Galiza Nova entendemos fundamental a formación feminista entre a mocidade, para podermos combater o machismo dende as capas máis novas da sociedade e para facer fronte ás actitudes machistas. Por esa razón e tras a grande acollida e demanda que teñen este tipo de actos, desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova seguiranse a realizar obradoiros deste estilo en cidades e vilas de todo o país.