“Feminismo: onde, cando e por que” en Boiro

Este sábado 15 de abril ás 18:30h estaremos falando no Centro Social de Boiro (na Rúa Manuel María) con Rebeca Cambeiro, Responsábel Nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova nun coloquio que leva por título “Feminismo: onde, cando e por que”.

Desde Galiza Nova entendemos fundamental a formación feminista entre a mocidade, para podermos combater o machismo dende as capas máis novas da sociedade e para facer fronte ás actitudes machistas. Por esa razón e tras a grande acollida e demanda que teñen este tipo de actos, desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova seguiranse a realizar obradoiros deste estilo en cidades e vilas de todo o país.