“Feminismo: onde, cando e por que” en Tui

Este sábado ás 17:00 estaremos falando na Sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui con Rebeca Cambeiro, responsábel nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, e Sara Freiría, militante de Galiza Nova na comarca do Baixo Miño e membro da Dirección Nacional, nun coloquio que leva por título “Feminismo: onde, cando e por que”.

Dende Galiza entendemos fundamental a formación feminista entre a mocidade, para podermos combater o machismo dende as capas máis novas da sociedade e para facer fronte ás actitudes machistas. Por esa razón dende a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova seguiranse a realizar obradoiros deste estilo ao longo da xeografía galega.

Leave a Reply

Your email address will not be published.