Festa da rebeldía este venres no Carballiño! Rebélate Galiza!

uktraNon podes perder o festón da rebeldía co concerto dos Ulträqäns, monólogo de Isabel Risco, actriz e candidata do BNG, e coa participación de Alberte Mera, Secretario Xeral de Galiza Nova.

Esta festa da rebeldía comezará a partir das 22 horas, no bar “Sete Flores” do Carballiño (rúa baixada a Flores 7) e nel conxugaremos música, diversión e festa con reivindicación, e tamén falaremos dos ataques que a mocidade galega está a padecer por parte das políticas da Unión Europea e debido á situación de dependencia da nosa nación, así como colectivizaremos as alternativas necesarias para nos defender e conquistar un futuro de liberdade e traballo para a mocidade na Galiza.

Rebélate Galiza!