FESTA POLA LINGUA CON ALDAOLADO NAS NEVES

Este sábado 27 de maio, temos unha cita nas Neves coa lingua galega.

No marco da campaña nacional de lingua ‘Rebélate, fala galego‘ comezamos unha serie de actos que dende a festa visibilizan a loita por vivir no noso idioma. Este sábado, 27 de maio, a Asemblea Comarcal de Galiza Nova do Condado organiza un concerto pola lingua nas Neves. Será a partir das 19h30 na Casa da Xuventude.

No acto actuarán Aldaolado, un referente musical en galego entre a música alternativa e a retranca, adaptada aos novos tempos, o que converte a música de Lucia Aldao e María Lado en innovadora, moi divertida e que non defrauda. Estará presente tamén o photocall da campaña de lingua que visibiliza os dereitos que reclamamos para vivirmos plenamente na nosa lingua. Queremos mostrar que o galego é unha lingua plenamente válida en todos os ámbitos, tamén entre a festa e o ocio.

Agardámoste!