Festa pola lingua en Redondela

No marco da campaña nacional de lingua Rebélate, fala galego comezamos unha serie de actos que dende a festa visibilizan a loita por vivir no noso idioma. Este venres a Asemblea Comarcal de Galiza Nova Vigo organiza un concerto pola lingua en Redondela.

Este sábado 6 de maio a partires das 20:00 chega á Alameda de Redondela o photocall da campaña de lingua que visibiliza os dereitos que reclamamos para vivirmos plenamente na nosa lingua. Para acompañalo contaremos coas intervencións de Jessica García, responsábel comarcal de Galiza Nova e Xoan Carlos González, do BNG de Redondela.

Do mesmo xeito contaremos coas actuacións dos regueifeiros Bieito Lobariñas e Quique Estévez e de SonDaRúa, un novo valor do rap en galego. Non o perdas!!

Deixámosvos cun dos temas de SonDaRúa:

Leave a Reply

Your email address will not be published.