“Fóra o profesorado machista da USC” Artigo de Stella González

Luciano Méndez é profesor de Economía Cuantitativa na USC

Todo parecían rumores entre as estudantes da facultade de Económicas da USC, só as noticias de entón e o feito de que fora suspendido de emprego e soldo durante dous meses probaban que no 2016, un tal Luciano, ficara distraído mentres daba clase polo escote dunha das súas alumnas: “Xa che dixen o primeiro día que me desconcentraba o teu escote” lle dixo.

Estes rumores dos últimos dous anos pouco teñen como tal, case dun xeito incontábel coleccionáronse as queixas de alumnas que foron denigradas por comentarios de parte do Titular do Departamento de Economía Cuantitativa na USC, Luciano Méndez Naya.

Para a nosa sorpresa, sarcasticamente quero decir, o 7 de maio ás 7:03 mediante Facebook descubriamos a segunda parte dunha saga de machismo e deshonra por parte do mesmo. Nestes vídeos ilustraba como a vítima da violación múltiple de La Manada ou “niñita” como el a chamaba tiña “ganas de marcha” e os acompañou a “facer o amor”, acto no que “ela deixouse facer e disfrutou”.

Desde o alumnado da USC, organizacións políticas, asociacións feministas e estudantís pídese a inhabilitación definitiva deste machista reincidente.

Stella González é militante de Galiza Nova e estudante da facultade de Económicas na USC

Leave a Reply

Your email address will not be published.