Galiza con Catalunya. Vén ao acto de apoio á Diada!

gz con catCon motivo da Diada, desde Galiza Nova chamamos á mocidade galega a participar do acto que este xoves ás 19 hs realizará na Praza da Quintana a PLATAFORMA GALIZA CON CATALUNYA, da que a nosa organización fai parte. Queremos amosar así a nosa solidariedade co pobo catalán e a defensa do dereito a decidir.

Tamén podes asinar o manifesto aquí: http://www.galizaconcatalunya.org/