Galiza Non ten Rei! 30 de setembro na Coruña

 

En pleno ano 2019, a Universidade da Coruña contará coa “visita” do monarca español Felipe VI. Porque si, en pleno 2019 o estado español segue contando cun monarca como xefe de estado. Continúa pervivindo unha institución totalmente anarónica e antidemocrática, reinstaurada polo propio Franco.

Unha monarquía que arrastra séculos de discriminación, desigualdade e imperialismo, que as galegas e galegos sufrimos nas nosas carnes. O desprezo á lingua galega e á nosa cultura, o expolio dos recursos da Galiza e a negación da posiblidade de exercer a nosa soberanía son só unha parte.

Aínda que se pretenda facer un lavado de cara da monarquía, trátase dunha institución que condena a Galiza á dependencia do estado español. Desde Galiza Nova consideramos que o único xeito de rachar coa monarquía e co estado español é continuar loitando pola nosa liberación nacional e pola constitución dunha República Galega verdadeiramente democrática.

Non precisamos a presenza de Felipe VI inaugurando o curso académico na universidade da Coruña, o que precisamos é un novo marco galego no ensino, que dea resposta á nosa realidade social e nacional e aposte por contribuir a mellorar a calidade dun enisno galego relegado a ser unha ferramenta do sistema na procura dun aumento do beneficio privado.

Por isto, chamamos á mocidade galega a participar da mobilización convocada pola Plataforma Vía Galega o vindeiro luns 30 ás 11:00h, na que amosaremos o noso rexeitamento á visita de Felipe de Borbón á Universidade

Leave a Reply

Your email address will not be published.