Galiza Nova Compostela renomea a Praza da Constitución como Praza 25 de xullo

_DSC6884“Praza 25 de Xullo, Día da Patria Galega” foi o nome co que militantes da Asemblea de Galiza Nova Compostela renomeu a Praza da Constitución. Esta acción simbólica é un dos actos de divulgación do Día da Patria Galega que Galiza Nova está a realizar por todo o País.

A acción tivo lugar na parte traseira do Parlemento Galego, na Praza da Constitución, onde as mocidades do BNG procederon a mudar o nome desta praza polo de “Praza 25 de xullo, Día da Patria Galega”.

O Responsábel Comarcal de Galiza Nova, Hugo Rei, afirmou que “sobran os motivos para reivindicar a soberanía de Galiza, para sermos quen de poder destinar os nosos recursos económicos á creación de emprego, sexa ou non do agrado de Madrid ou Bruxelas” para, como resaltou Hugo, “podermos recuperar as máis de 100 000 persoas mozas que, dende a chegada de Feijoo á Xunta, tiveron que emigrar do noso País”.

_DSC6890Pola súa banda, o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, denunciou que “a dependencia de Galiza é un obstáculo para defender os dereitos sociais, pois en palabras do Secretario Xeral das mocidades do BNG “a falla de soberanía déixanos sen mecanismos para solucionar as problemáticas que padece a mocidade galega no día a día. Queremos soberanía para decidir rematar cos vetos de España e da Unión Europea que impiden á mocidade traballar na investigación, no rural ou mesmo na construción naval”.

Por iso, dende Galiza Nova chaman á mocidade galega a rebelarse, a unir a súa voz e apoiar ao nacionalismo para aumentar a súa incidencia e crear un novo marco xurídico e social na Galiza, xusto, solidario, que emane das galegas e dos galegos e que estea ao servizo da mocidade e do pobo. “Non podemos deixar que neste contexto de cambios decidan o futuro das galegas e galegos desde Madrid” culminou Mera.