GALIZA NOVA E O BNG ESTARÁN PRESENTE NA FESTA DO AVANTE

Posto informativo do BNG e Galiza Nova na Festa do Avante do ano 2016

Galiza Nova e o BNG estarán presentes máis un ano na Festa do Avante, organizada polo Partido Comunista Portugués durante os días 1, 2 e 3 de setembro. Militantes da organización xuvenil do BNG desprazaranse até o Seixal para participar deste gran evento político, cultural e de convivio con repercusión non só en Portugal senón tamén a nivel internacional, pois ao Avante asistimos cada ano delegacións de decenas de organizacións comunistas e de esquerdas do mundo.

A través do espazo internacional no que se atoporá o posto informativo do BNG e Galiza Nova, daremos a coñecer a realidade política da Galiza e as distintas loitas que o nacionalismo leva adiante no nosso país en prol do dereito a decidir e da liberación nacional e social da Galiza. Mais un ano ficamos moi agradecidas polo convite ao Avante, e desexamos ás nosas caras compañeiras e compañeiros do PCP e da Juventude Comunista Portuguesa os maiores éxitos na súa loita.

Leave a Reply

Your email address will not be published.