A idea é dar a coñecer a historia da nosa comarca a través da vida das súas protagonistas, moi descoñecidas para unha gran maioría da mocidade

A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, lanza unha campaña nas Redes Sociais co obxectivo de dar a coñecer as principais personaxes históricas da comarca das Mariñas. As mozas e mozas quixeron aproveitar o confinamento para das a coñecer a historia das protagonistas da comarca «moi descoñecidas para a gran maioría da mocidade» segundo apuntou a responsábel comarcal, Icía Abraira.

Tras o decreto do estado de alarma e o confinamento nas casas, a mocidade nacionalista viu a oportunidade de desenvolver unha campaña a través das Redes Sociais Comarcais. Unha actividade centrada nas personaxes destacadas das Mariñas que, a día de hoxe, pasan desapercibidas entre a mocidade.

A campaña comeza esta semana coa figura de María Miramontes, nacida en Guísamo (Bergondo) e unha das primeiras mulleres integrantes do Partigo Galeguista e tratará tamén as vidas de outras importantes personaxes da historia das Mariñas como o capitán irmandiño Alonso de Lanzós, María a Balteira ou o nacionalista Johan Vicente Viqueira. 

“Faremos unhas fichas con preguntas e respostas sobre a súa vida para popularizalas a través da conta de twitter de Galiza Nova As Mariñas. Agora que temos que pasar máis tempo na casa e pasamos máis tempo conectadas ás redes sociais é unha oportunidade para coñecer a nosa historia e poñela en valor”, engadiu a responsábel de Galiza Nova.

Leave a Reply

Your email address will not be published.