Galiza Nova participa en Barcelona dun encontro xuvenil internacional a favor da autodeterminación

jerc 1Galiza Nova participou xunto a outras organizacións xuvenís nacionalistas e de partidos de esquerda da Europa nun encontro internacional a favor do dereito a decidir organizado polas Juventuts de Esquerra Republicana de Catalunya (JERC). Ao remate da xornadas, a nosa organización asinou e participou na elaboración dun manifesto que aposta polo dereito a decidir de todos os pobos.

Neste encontro internaiconal estiveron presentes, ademais de Galiza Nova, delegacións xuvenís de Dinamarca, Euskal Herria, Finlandia, Irlanda, Noruega, Gales e Grecia.

A presentación pública do manifesto elaborado neste cumio internacional xuvenil que tivo lugar en Barcelona, contou coa presenza das delegacións de Galiza Nova, Vasemmistonuoret de Finlandia, Sinn Féin – Republican Youth de Irlanda, Rød Ungdom de Noruega, ΚΟΕ (Κομμουνιστική Οργάνωση Ελλάδας) membro da Syriza grega, Plaid Cymru Ifanc de Gales e SF Ungdom de Dinarmarca.

Debateuse sobre a necesidade dunha revolución democrática en Europa e analizáronse os diversos movementos sociais e democráticos que están a ter lugar en Europa, salientando a necesidade de conquerir unha democracia máis participativa e a importancia de preguntar á sociedade sobre os temas importantes do país. O documento postúlase a favor do dereito a decidir do pobo catalán e da consulta sobre a independencia convocada para o 9 de novembro, e demanda á comunidade internacional que debe respectar o resultado das urnas dun proceso democrático.