Galiza Nova participa nas xornadas sobre a mocidade nos retos da esquerda

gernikagazteaOs días 1 e 2 de decembro parcticipamos por medio de Alberte Fernández, Secretario Xeral de Galiza Nova, e Navia Rivas, membro da Comisión Permanente de Galiza Nova, nas xornadas sobre a contribución da mocidade nos futuros retos da esquerda, en Gernika-Lumo (Euskal Herria), organizadas por EH Bildu e o GUE-NGL.

Nestas xornadas, tivemos ocasión de debater sobre cuestións coma a situación política actual e a contribución da mocidade, as prácticas das organizacións xunvenís, ou o traballo da mocidade nas institucións.

Deste xeito, puidemos coñecer as accións e prácticas que outras organizacións de esquerdas e movementos europeos de liberación nacional realizan na súa axenda para levar a cabo as súas campañas de concienciación e sensibilización, facendo fincapé no traballo a pé de rúa. Tamén conversamos sobre como facer chegar as nosas reivindicacións a sectores da poboación que non son conscientes de que esas mesmas reivindicacións tamén son as súas. Debatemos sobre o papel do traballo institucional a nivel xeral, e tamén máis enfocado na mocidade, e a problemática de que a miúdo é un ambiente hostil porque se trata dun ámbito no que tradicionalmente a mocidade apenas ten presenza. Isto agrávase no caso das mulleres, xa que tamén se trata dun ambiente tradicionalmente masculino.

Participamos nun obradoiro sobre precariedade laboral e sindicalismo, titulado “Lana eta prekaritatea: gernika1
Gazteak sindikatuetan, antolakuntzetan”. Nel, coñecemos máis de preto as situacións en ámbito laboral das diferentes nacións europeas, e tamén compartimos as nosas ideas sobre cales son os focos desta problemática e medidas para reverter a situación.

Estas e outras cuestións foron debatidas a partir das intervencións de persoas mozas que actualmente traballan en institucións ou, en xeral, nas súas organizacións políticas nos diferentes pobos de Europa. Estas xornadas tamén serviron para conversar, convivir, atopar conexións e establecer relación con representantes de diferentes organizacións da esquerda europea e soberanistas.