Galiza Nova presente na Diada. Visca Catalunya lliure!

c1Nesta Diada 2014, a mocidade nacionalista queremos enviar unha vez máis todo o noso apoio e solidariedade nesta data tan importante para os Països Catalans, na que está a participar unha delegación de Galiza Nova, xunto ao Portavoz Nacional do BNG, Xavier Vence, e a nosa eurodeputada Ana Miranda.

Hai xa un ano daquela Diada do 2013 na que milleiros e milleiros de catalás e cataláns saíron ás rúas para reivindicar o dereito a decidir libre e democraticamente o seu futuro como nación. As mozas e mozos de Galiza Nova temos o convencimento de que o pobo catlán dará de novo un exemp’lo de dignidade e loita pola independencia.

Sen dúbida, esta Diada será todo un éxito e a marea humana polo dereito de autodeterminación dará forza e ánimo a todos os puebos en loita para continuar adiante até a conquista da nosa independencia.

O camiño de Catalunya xa non ten volta atrás, en el queremos acompañarvos.

Visca Catalunya lliure!
Viva Galiza ceibe e popular!