Galiza Nova proxecta A Esmorga en Ribadavia. Non a perdas!

10429471_943222762369295_7950107798054647748_nEste venres e sábado proxectamos A Esmorga, o último filme de Ignacio Vilar, e que está a acadar grande éxito entre o público. Será na Casa da Cultura de Ribadavia ás 20.30hs. A entrada vai a 5 euros (3 euros para estudantes e persoas xubiladas).

Galiza Nova apoia o cinema propio, e reivindica o apoio institucional para o sector audiovisual galego, fronte aos recortes e o desleixo co que os poderosos tratan ás industrias culturais galegas e ás novas creadoras e novos creadores. Un pobo de seu, precisa unha arte propia, contar historias propias, expresar sentimentos desde acó, para desde o propio, sermos universais. Galiza ten un cinema propio, boa mostra: A Esmorga.