Galiza Nova proxecta A Esmorga en Viveiro

IMG-20141229-WA0002Este 2015 o cine volve a Viveiro: Galiza Nova organiza o 2 e 3 de xaneiro a proxección do filme galego A Esmorga, de Ignacio Vilar. Será no Teatro Pastor Díaz, Viveiro, ás 20hs. A apertura de billeteiras é ás 19hs e a entrada vai a 5 euros (3 euros para estudantes e persoas xubiladas).

34.000 persoas en menos dun mes xa viron a Esmorga, unha impresionante obra do cinema galego actual que está a ser un éxito de pantalla e que recolle un gran traballo artístico e cinematográfico sobre a importante novela de Eduardo Blanco Amor.

Galiza Nova apoia o cinema propio, e reivindica o apoio instirucional para o sector audiovisual galego, fronte aos recortes e o desleixo co que os poderosos tratan ás industrias culturais galegas e ás novas creadoras e novos creadores. Un pobo de seu, precisa unha arte propia, contar historias propias, expresar sentimentos desde acó, para desde o propio, sermos universais. Galiza ten un cinema propio, boa mostra: A Esmorga