Galiza Nova xunto a Ana Miranda ocupa unha oficina de emprego para denunciar o paro, emigración e explotación xuvenil

empregoGaliza Nova ocupa con Ana Miranda unha oficina de emprego para denunciar o paro xuvenil, a emigración, explotación e precariedade laboral provocadas polas políticas da Unión Europea e do PPSOE.

Neste acto dimos a coñecer as medidas que o BNG defenderá en Europa para paliar esta situación, como é a implantación da xornada laboral de 35 horas, a eliminación das horas extras e a derrogación do retraso a idade de xubilación para facilitar a incorporación da xente moza ao traballo e esixiremos o poder de decisión para Galiza para pór o noso país a producir e xerar emprego.

As políticas especulativas que fomentou o PP provocaron desemprego e a emigración de máis de 100.000 mozos e mozas deste país. “A mocidade deste país non marcha voluntariamente, non vai ver mundo, emigra por culpa das políticas de desmantelamento do noso tecido produtivo e de precarización do emprego levadas a cabo polo Partido Popular coa inestimable colaboración do Partido Socialista”, afirmou Ana Miranda.

Miranda espetoulle a Feijóo que “un gobernante que se permite o luxo de ter 300.000 persoas en situación de desemprego como se non pasase nada, é un gobernante sen humanidade”. E reclamou que “os fondos europeos teñen que ir destinados ao emprego xuvenil e a loitar contra a pobreza e a exclusión social”. “Non pode ser que a metade dos mozos e mozas deste país non teñan emprego e non atopen un traballo nin buscando debaixo das pedras, nin pode ser que unha terceira parte da poboación galega, máis de 650.000 persoas, estean en risco de pobreza e exclusión social”, denunciou.

As políticas laborais e económicas do PP e do PSOE, que son as que a nivel europeo recomenda a troika, levan á miseria e á emigración á mocidade deste país”. “Hoxe en día pódese ser pobre aínda tendo traballo”, asegurou. Ana Miranda.

ana1traballo digno na nosa terra!

Na faixa que Galiza Nova despregou durante a ocupación da oficina de emprego reclamábase traballo signo na Galiza, porque queremos unha Europa social e dos dereitos fronte á Unión Europea da troika que explota aos traballadores e traballadoras.