Galiza con Siria: concentración en Vigo

A noite do pasado 13 o 14 de Abril os Estados Unidos de Ámerica xunto co Reino Unido e Francia perpetraron un ataque bélico en territorio sirio, violando así varios tratados do dereito internacional.

Siria é un territorio que leva 7 anos en guerra total, xerando non só morte, senón desprazamentos de innumerábeis persoas que fuxen desa situación. O pobo sirio está constantemente sendo atacado por Turquia, a OTAN e os seus aliados e por grupos xihadistas, o que comezou coma o levantamento dun pobo cara a súa liberación transformouse nun conflicto internacional, no que as grandes potencias
imperialistas loitan por acadar o control da zona por mero beneficio económico, exemplo desta situación foi o ocorrido en Iraq ou no Yemen.

Dende Galiza Nova coma organización internacionalista non podemos quedar caladas ante a escalada de violencia perpetrada polos E.E.U.U., Francia e Reino Unido, nen manter silencio cando o propio Goberno Español aplaude a actitude destes. Por iso, o vindeiro xoves 26 ás 19:30h na Farola de Urzáiz en Vigo preto dunha veintena de organizacións convocamos unha concentración en apoio ó pobo sirio, en rexeitamento ó imperialismo de USA mais seus aliados e, sobre todo, para dar voz a quen queren calar con bombas.

Sempre que o imperialismo atente contra os dereitos humanos e contra a liberdade, os pobos debemos estar xuntos, facendo da súa loita tamén a nosa.