Gloria Díaz, sempre viva no corazón da mocidade nacionalista

g2 Onte faleceu en México Gloria Díaz, unha muller nacionalista e incansábel loitadora, como incansábel foi o seu apoio á mocidade nacionalista, acompañando sempre até este mesmo 2014 a Galiza Nova na Homenaxe da Mocidade a Rosalía e Castalo nos 24 de xullo e, por suposto, a súa presenza no palco da Quintana no Día da Patria afortalaba os corazóns da militancia de Galiza Nova e a nosa ilusión por loitar pola Galiza ceibe que Gloria sempre soñou.

Nunca esqueceremos a Gloria, como tampouco esquecemos a quen fora o seu compañeiro, o gran nacionalista Elixio Rodríguez, impulsor das Mocidades Galeguistas, que padeceu o exilio e quen tamén, ao igual que Gloria, loitou pola Patria até os seus últimos días.

Queremos enviar para a súa familia e amizades a máis forte das apertas.

Até sempre compañeira!

g