Goberno do PP pecha a biblioteca de Ponteareas en plenos exames

bibliotecaGaliza Nova ven de criticar a decisión do goberno do PP en Ponteareas e do concelleiro de cultura e ensino, Andrés Sampedro, de pechar a Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas na tarde do luns, 5 de xaneiro. Trátase dunha insensatez pechar a Biblioteca ás 15 horas, seis horas antes do habitual, cando centos de moz@s universitari@s afrontan os exames cuadrimestrais de xaneiro.

O Responsable Local de Galiza Nova en Ponteareas, Miguel Bouzó, indicou á prensa que “ducias de mozas e mozos chegaron á Biblioteca e atopárona pechada. Varias estudantes contactaron con Galiza Nova para denunciar a decisión do goberno local, xa que a única xustificación, escrita nun folio na porta, era que chegaban os Reis Magos”. “As e os estudantes preguntábanse se a chegada dos Reis Magos tamén lles anularía os seus exames de xaneiro…”, ironizou Miguel Bouzó.