Homenaxe a Bóveda en Ponteareas

CARTEL BOVEDA 2016Con motivo do Día da Galiza Mártir,  Galiza Nova homenaxea en Ponteareas a Alexandre Bóveda este martes, 16 de agosto, ás 20:30 horas, na rúa que leva o seu nome.

Nesta homenaxe ao mártir galego falarán Marta Dacosta, poeta e sindicalista nacionalista, e Miguel Bouzó, membro da Comisión Permanente de Galiza Nova. Tras as intervencións, levarase a cabo unha ofrenda floral na placa da rúa que leva o nome de Alexandre Bóveda.

O pobo galego non debe esquecer a todos e a todas as mártires da Patria, tampouco a Bóveda, convertido en mártir por ser o claro exemplo de compromiso e loita pola defensa da liberdade dos seus ideais, chegando a ser asasinado por esa causa no 1936, tras ser condenado a morte por loitar por unha Galiza democrática e popular.

Leave a Reply

Your email address will not be published.