Homenaxe ao Che Guevara en Compostela

Tras meses de actividade do Comité Galego de Homenaxe ao Che Guevara por todo o país, a actividade culmina hoxe cun acto central na cidade de Compostela, coincindo co 51 aniversario do seu asasinato, que tivo lugar en Bolivia o 9 de marzo de 1967.

Este acto terá lugar no Teatro Principal de Compostela ás 20:00h. Presentará o acto Iria Sobrado e contará coas intervencións políticas de José Antonio Solana (Cónsul de Cuba) e Carlos Tablada (economista e especialista da obra do Che). Ademais, contaremos con intervencións musicais a cargo de Roberto Sobredo, Mini e Mero e Orlis Pineda, e intervencións poética sa cargo de Manolo Pipas e Farruco Sesto.