Acto polo día da Galiza Mártir en Ribeira

Galiza Mártir 2015Este venres 14 Galiza Nova lembrará en Ribeira a Alexandre Bóveda e a Lustres Rivas, xornalista ribeirense represaliado na illa de San Simón e asasinado no ano 1936 aparecendo o seu corpo nunha cuneta da parroquia de Trasmañó en Redondela. Lembraremos pois a estes dous patriotas asasinados polos fascistas e a todas as mártires e todos os mártires da Galiza, aquelas persoas que sufriron a mans do españolismo e do fascismo por defenderen a Galiza e a liberdade, aquelas que padeceron o martirio e a represalia, a cadea, o exilio interior ou exterior, o asasinato…

Será este venres ás 20.30 na rúa Lustres Rivas, Ribeira. O ato contará coas intervencións de Pilar Sampedro, concelleira do BNG, e Carlos Lixó, militante da asemblea local de Galiza Nova en Ribeira.