Homenaxe da mocidade a Rosalía e Castelao 2017

Presentación a Homenade da Mocidade a Rosalía e Castelao

Na mañá de hoxe Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, presentou en rolda de prensa no Panteón de Galegos Ilustres  a Homenaxe da Mocidade a Rosalía e Castelao, unha actividade que conta xa coa bagaxe de máis de 20 edicións que a precederon.

Este ano, a Homenaxe da Mocidade a Rosalía e Castelao dará comezo ás 17:30h nos xardíns de Bonaval contando nesta edición coas intervencións políticas a cargo do Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Fernández, da deputada do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento Galego e integrante da Dirección Nacional de Galiza Nova, Olalla Rodil, e de Navia Rivas, integrante da Comisión Permanente de Galiza Nova.

“Como mocidade nacionalista é un orgullo recoller o legado de figuras tan importantes da nosa nación como Rosalía ou Castelao”

Tras as intervencións políticas, nesta edición contaremos actuación musical do grupo de rock galego Superoito e porá o broche final ao acto a tradicional ofrenda floral a Castelao e Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres. Ao remate da homenaxe, Galiza Nova realizará unha ruada para reivindicar a independencia de Galiza e unhas condicións de vida dignas para a mocidade galega polas rúas do casco vello de Compostela, dita ruada pola independencia sairá ás 19:15h do Panteón dos Galegos Ilustres e rematará na Alameda de Compostela.

Na presentación ante os medios de comuniación, o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Fernández, afirmou que: “Como mocidade nacionalista é un orgullo recoller o legado de figuras tan importantes da nosa nación como Rosalía de Castro ou Daniel Castelao, así como tamén unha grande responsabilidade manter viva a chama da loita pola liberdade do noso pobo”

Ao mesmo tempo, a Deputada do BNG e  integrante da Dirección Nacional de Galiza Nova, Olalla Rodil engadiu que “As problemáticas actuais da mocidade: A precariedade, a emigración, a inexistencia dun futuro digno para a mocidade e para o país teñen as mesmas causas que na época na que loitaron Rosalía e Castelao, a relación de dependencia colonial de Galiza a respecto de España. Teñen unha mesma solución tamén, o nacionalismo.” 

[VIDEO] Homenaxe de Galiza Nova a Rosalía e Castelao do 24 de xullo do 2016

One Response

Leave a Reply

Your email address will not be published.