Homenaxeamos a Rosalía nas Neves

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova no Condado celebra este venres un acto de homenaxe a Rosalía de Castro na localidade das Neves. O acto, que se celebrará ás 17:30 horas no Centro Social, contará con poesía, música e as intervencións da escritora Isabel Blanco e de Sandra Barros, concelleira de mocidade nas Neves e compañeira de Galiza Nova.

Esta será unha homenaxe participativa, polo que animamos a todas aquelas persoas que o desexen a recitar poemas de Rosalía no recital aberto que terá lugar en dito acto, e participarán nun sorteo de agasallos.

Dende Galiza Nova destacan a importancia de homenaxear a Rosalía de Castro “nunha Galiza na que os seus versos se volven, se cabe aínda, de maior vixencia debido ao aumento da dependencia da nosa nación, o empeoramento das condicións de vida da nosa mocidade, o desemprego, a emigración, a marxinación da nosa lingua e cultura e a perda de dereitos das mulleres galegas”.

Leave a Reply

Your email address will not be published.