I Certame artístico Rosalía «A Combativa»

No 24 de Febreiro, día de Rosalía, conmemoramos o nacemento da nosa poeta nacional, Galiza Nova quere lembrar a súa figura combativa, mediante a realización do I Certame artístico Rosalía «A Combativa»


Rosalía de Castro foi voz de denuncia do asoballamento que o noso pobo e a nosa terra padecían, e na súa obra contémplanse una ideais feministas que a percorren na súa totalidade, confirmando que foi adiantada ao seu tempo, e que a día de hoxe o seu pensamento continúa vixente. 

Rosalía de Castro, sempre na memoria e na acción!

Bases:

1. Poden concorrer ao certame produccións feitas en calquera disciplina.

2. O prazo de envio será até o 14 de Maio

3. As participacións serán enviadas ao correo nacional@galizanova.gal, indicando título e autoría.

4. Os premios ás 3 primeiras obras serán:

-1º. Un exemplar de «Escritos Feministas», editado pola Fundación Rosalía de Castro

-2º. Un exemplar de «22 documentos do Feminismo Galego», editado pola Fundación Galiza Sempre

-3º. Un lote de material de Galiza Nova (1 camisola, un saco da serea e unha pulseira da Patria Galega)

5. As obras serán expostas na Casa da Luz do Concello de Pontevedra

Leave a Reply

Your email address will not be published.