I Xornadas: Destruíndo o cisheteropatriarcado

Este sábado 4 de novembro, a Asemblea LGTBI e a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova organizan unhas xornadas de formación baixo o título “Destruíndo o cisheteropatriarcado” e terán lugar na Casa do Matadoiro, en Compostela. O obxectivo destas xornadas é aumentar a nosa formación respecto das violencias, tanto simbólicas como físicas, que sufrimos as mulleres e as persoas LGTBI, e dotarnos das ferramentas necesarias para combatelas.
Podemos consultar o programas das xornadas aquí:
10.30h. Presentación das xornadas.
11.00h. Palestra: A violencia do sistema de saúde sobre os nosos corpos. Impartida por Lola Ferreiro Díaz, feminista galega e médica experta en saúde e xénero; e Laura Bugalho, activista transfeminista e sindicalista.
12.30h. Talleres sobre a educación sexual. Debateremos en diferentes grupos de traballo acerca da educación sexual que se nos oferta e como queremos mellorala. Veremos o tratamento que recibe no ensino, con María Traba (estudante de Maxisterio), o enfoque dos medios de comunicación, con María Obelleiro (xornalista no Sermos Galiza) e desde un punto de vista social, con Neal Baxter (responsábel do Grupo de Traballo LGTBI do BNG).
14.30h. Xantar
17.00h. Obradoiros non mixtos.
 – Autodefensa feminista: impartido por activistas feministas profesionais das artes marciais. Aprenderemos técnicas para defendernos das agresións físicas ás que nos vemos expostas as mozas.
 – Deconstrucción das masculinidades: impartido por compañeiros activistas LGTBI. Traballaremos arredor do concepto da masculinidade e de como destruir os privilexios patriarcais que leva implícitos.
20.30h. Elaboración de conclusións e peche das xornadas.
23.00h. Festa no pub Avante de Compostela.
Se queres participar das xornadas só tes que enviar un correo electrónico a nacional@galizanova.gal incluíndo o teu nome e apelidos e o teu teléfono de contacto.