II Semana da Patria en Muros-Noia

Neste mes de xullo de 2018 Galiza Nova e o BNG organizamos a “II Semana da Patria Galega”. Unha xeira de máis de 60 actividades que a mocidade de Galiza Nova organiza por todo o país ao longo da semana próxima para popularizar o Día da Patria galega e facer avanzar a conciencia nacional e patriótica entre a xente moza. Na comarca de Muros-Noia desenvolveremos unha serie de actividades enmcarcadas dentro desta “II Semana da Patria”.
A primeira actividade será o venres 20 ás 20:00h en Noia cun concerto-festa patriótica de rap galego da man de XeVA., que concluirá cunha sesión DJ con pinchada de música en galego.
O sabado 21, teremos en Outes ás 20:30h (Casa Amanda) un acto político conxunto co BNG polo día da Patria.
E finalmente o domingo 22 en Muros realizaremos un mosaico pola patria no monte Louro.

Agardámosvos!