A rede de infraestruturas e liñas de transporte público de Galiza carece de planificación nacional que a faga coherente e axude a vertebrar o conxunto do País. As mozas traballadoras ou estudantes vense na obriga de depender dos vehículos privados para se desprazar na maioría dos casos. Tendo en conta o aumento das necesidades de mobilidade, esta carencia convértese nun problema de primeira magnitude que afecta tamén á necesidade de independencia persoal da mocidade.

Só co BNG representándonos en Madrid, lograrase a transferencia da AP-9 e AP-53 que conleve unha reducción dos prezos do autobús, a extensión a toda Galiza dun sistema coordenado e intermodal de transportes colectivos públicos, que minimice a necesidade de uso de vehículos particulares, a creación en todas as cidades e vilas de cadanseu sistema metropolitano regular que conecte ámbitos rurais e urbanos e que ofreza billetes únicos e tarifas económicas para a mocidade.


#AMocidadeVotaBNG

Leave a Reply

Your email address will not be published.