INSCRÍBETE NAS XORNADAS DA MOCIDADE GALEGA

cartaz-xxvii-logos-webXa están de volta as Xornadas de Galiza Nova. Vive dous días de convivio e formación en Ribeira, na comarca da Barbanza, con roteiros históricos e naturais, actos culturais, debates, lecer, deporte, letras, concertos… Anótate desde xa ás XXVII Xornadas da Mocidade Galega que terán lugar o sábado 8 e 9 de outubro. Hai zona de durmida. Inscríbete nas xornadas, todas as actividades son de balde! Anótate no nacional@galizanova.gal envíandonos o teu nome, apelidos, concello e telefóno de contacto.

Programación

Sábado 8 de outubro

11:30 Benvida e apertura das xornadas por parte de Elvira Branco, Responsábel da Asemblea Comarcal de Galiza Nova na Barbanza e Alberte Mera, Presidente da Asociación Xuvenil Galiza Nova. Casa da Xuventude de Ribeira.

12:00 Palestra “O poder da palabra” con Olalla Rodil, xornalista, e Alberte Calo, creativo audiovisual.

13:00 “O poder da creatividade” con Xavier Campos, difusor cultural, e Alberte Calo, creativo audiovisual.

14:30 Xantar.

17:00 Debate sobre asociacionismo e organización. Modera Alberte Mera.

18:00 Roteiros

-Historia e orixes dos Castros de Ribeira. Guiado por Carlos Lixó, doutorando en Historia.

-Ruta de sendeirismo pola Curota. Guiado por Elvira Branco, bióloga, e Mario Maceiras, da Asociación Monte Pindo Parque Natural

22:00 Homenaxe a Manuel María

Recital aberto coa cantautora e poeta Navia Rivas e o escritor Carlos Callón e Navia Rivas.

Ao remate, festa e foliada!

Domingo 9 de outubro

11:00 Palestra “Transformamos Galiza desde a base” con representantes de movementos sociais e produtivos. Alberte Mera, Claudia Quintela, Pilar Sampedro e Manel Casal

12:00 Debate aberto: A situación da mocidade galega. Introducido por Luis Pérez e Sabela Bará.

13:00 Debate aberto: O papel da mocidade na soeciedade. Introducido por Elvira Branco e Alberte Mera.

14:30 Xantar.

16:30 Roteiro das Dunas de Corrubedo. Guiado por Elvira Branco, bióloga.