INSCRÍBETE NAS XXVI XORNADAS DA MOCIDADE GALEGA

cartel_xornadasXa están de volta as Xornadas de Galiza Nova. Vive dous días de convivio e formación en Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, con roteiros históricos e naturais, actos culturais, debates, lecer, deporte, letras, concertos… Anótate desde xa ás XXVI Xornadas da Mocidade Galega que terán lugar o vindeiro 19 e 20 de setembro. Hai zona de durmida. Inscríbete nas xornadas e anótate para as comidas e transporte no nacional@galizanova.gal envíandonos o teu nome, apelidos, concello e telefóno de contacto.

Programa

Sábado 19 de setembro

12.30hs Benvida.

13.00hs Palestra: As mulleres labregas en loita. Maite Ferreiro concelleira do BNG. Foi a primeira responsábel da Secretaría da Muller do Sindicato Labrego Galego.

15.00hs Xantar

17.00hs Roteiro histórico e natural. Guiado por Salva Ronda.

20.00hs Palestra: Soberanía nacional, soberanía alimentar e dereito de Galiza a producir. Olalla Rodil, xornalista en Sermos Galiza e Responsábel de Internacional de Galiza Nova.

21.00hs Cea.

22.00hs Obradoiro de sexualidade. Conducido por Lucía Veciño, Responsábel Nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.

23.00hs Festa Nacionalista: Foliada!

Domingo 20 de setembro

09.30hs Almorzo

10.00hs Visita ás cooperativas da comuna.

14.00hs Xantar

17.00hs Palestra: Independencia para mudalo todo. Rubén Arroxo, portavoz municipal do BNG en Lugo e responsábel de formación de Galiza Nova.

18.00hs Clausura das Xornadas.