IX Feira de Outono en Ponteareas!

Acartel-outono-2016 Praza Maior de Ponteareas será escenario dunha nova edición da Feira de Outono na fin de semana do 4, 5 e 6 novembro, organizada por Galiza Nova, o Centro de Recuperación de Cultura Popular Castelo de Sobroso e o Sindicato Labrego Galego, coa colaboración do Concello de Ponteareas.

A Feira de Outono, que alcanza a novena edición, iniciarase o venres 4, dende as 17:30 horas con xogos tradicionais para nenas e nenos na carpa situada na Praza Maior. Ás 20:30 horas terá lugar na Biblioteca Municipal, unha charla co obxectivo de achegar á cidadanía o mundo dos fungos e cogomelos, impartida por Anxo Fernández.

Esta Feira ten como obxectivo a promoción, potenciación e valorización dos produtos propios do outono, así como a aposta polo consumo consciente, local e de proximidade en base a sustentabilidade do medioambiente, da actividade empresarial e ao coidado do territorio. Neste sentido, o sábado 5 e domingo 6 terá lugar na propia carpa da Praza Maior a exposición e venda de produtos tradicionais e ecolóxicos, como mel, galletas, chocolate, queixo, viño, pan, requeixo, mirabeis, conservas, produtos de horta, doces, cervexa ou licores. Ademais, haberá un espazo de librería con guías do outono e de artesanía, así como diversas actividades e xogos infantís.

A micoloxía ocupará unha parte importante desta Feira de Outono. O sábado dende as 16:00 horas está programada unha saída micolóxica guiada dende a Praza Maior para efectuar a recollida de cogomelos, que formarán parte da exposición micolóxica da xornada do domingo. Para pechar a xornada do sábado, ás 20:00 horas, terá lugar un concerto do grupo Naiama.
Na tarde do domingo celebrarase un magosto popular dende as 17 horas, que estará amenizado polo grupo de musica “Os Monifates”. Para concluír a IX Feira de Outono, realizaranse varios sorteos con produtos tradicionais e ecolóxicos que conforman a feira.

Leave a Reply

Your email address will not be published.