LGTBI: Máis alá das etiquetas, en Moaña

Dende a Asemblea LGTBI da comarca do Morrazo continuamos coa campaña das 50 medidas para liberar a mocidade galega cun acto sobre a cuestión LGTBI, cun coloquio que leva por título “LGTBI: Máis alá das etiquetas”. Será este venres 19 de xaneiro ás 19:30h na Casa da Mocidade (María Martín s/n, Urb. O Rosal) e contará coas intervencións de Iria Carreira, responsábel nacional da Asemblea LGTBI e María Bará, integrante da Mesa Nacional da Asemblea LGTBI.

Neste coloquio afondaremos na necesidade do colectivo LGTBI de definir os seus trazos propios e tamén de visibilizarse á marxe da sociedade. Precisamos de ferramentas de noso para desenvolver a loita contra a opresión heteronormativa e cissexista do sistema. Conversaremos tamén sobre como evitar caer nunha retórica baleira de contido político mantendo sempre a capacidade subversiva para destruír o cisheteropatriarcado.

ANÍMATE A PARTICIPAR!