LGTBI: Máis alá das etiquetas en Tui

Dende a Asemblea LGTBI da comarca do Baixo Miño continuamos coa campaña das 50 medidas para liberar a mocidade galega cun acto sobre a cuestión LGTBI, cun coloquio que leva por título “LGTBI: Máis alá das etiquetas”. Será este sábado 16 de decembro ás 20:00 no Café “El Trece” e contará coas intervencións de Ana Belén Bernárdez, responsábel comarcal da Asemblea LGTBI e Alexandre Garrido e Paulo Queiruga, membros da Mesa Nacional da Asemblea LGTBI.

Neste coloquio afondaremos na necesidade do colectivo LGTBI de definir os seus trazos propios e tamén de visibilizarse á marxe da sociedade. Precisamos de ferramentas de noso para desenvolver a loita contra a opresión heteronormativa e cissexista do sistema. Conversaremos tamén sobre como evitar caer nunha retórica baleira de contido político mantendo sempre a capacidade subversiva para destruír o cisheteropatriarcado.

ANÍMATE A PARTICIPAR!