“Liberación nacional, social e sexual” en Ordes

Este sábado 14 de xaneiro celebraremos ás 18:30 en Ordes un acto feminista baixo o título “Liberación nacional, social e sexual”. Consideramos que estas tres loitas van sempre da man na nosa acción política diaria, pois a opresión imperialista e capitalista exercen a opresión conxuntamente co patriarcado sobre as mozas galegas. Por iso é moi importante falar da relación que manteñen entre si.

Participará como poñente neste acto Olalla Rodil, deputada do BNG no Parlamento Galego e integrante da Comisión Permanente de Galiza Nova. Tamén contaremos cun TupperSex a cargo de Mai Ínsua, psicóloga e terapeuta sexual.

Terá lugar no Salón de Plenos de Ordes (baixos da Alameda).