Liberdade para as presas políticas catalás!

Hoxe mesmo vimos de coñecer a resoulción do Tribunal Supremo con respecto ás sentenzas ás presas políticas catalás catalás após o referendo do 1 de outubro de 2017.

Desde Galiza Nova denunciamos a represión desmedida contra o pobo catalán e as condeas a entre 9 e 13 anos de cadea ás súas dirixente políticas polo feito de executar o mandato da súa xente.

Estamos pois ante unha nova evidencia do caracter antidemocrático, represor e reaccionario do estado español que, con independencia de quen goberne, alberga cada vez máis presas políticas.

Demóstrase unha vez máis que os procesos de liberación nacional existentes dentro do estado español son os únicos movementos que poden rachar cos privilexios da clase dominante e co sistema corrupto e clientelar que os sustentan. Deste xeito, calquera viso de avance nas diferentes loitas é brutalmente rexeitado e reprimido polo estado mediante a represión policial, condeas como a que acabamos de ter coñecemento e a construción dun relato catalafóbico no conxunto da cidadanía do estado.

O goberno en funcións de Pedro Sánchez continúa na súa ofensiva contra o pobo catalán e a liberdade, onde as montaxes policiais e as detencións irregulares son as súas armas para deslexitimar unha loita pacífica e xusta en busca dun futuro mellor. 

É por isto que en Galiza Nova queremos mostrar, unha vez máis, o noso compromiso e solidariedade internacionalista co pobo catalán e o noso apoio ás presas políticas catalás e ás súas familias. Por moito que nos encadeen non poderán parar o avance dun pobo que loita pola seu dereito a decidir e pola súa liberdade. 

Asiste ás concentracións convocadas pola Plataforma Galiza con Catalunya que terán lugar hoxe mesmo para mostrar o teu rexeitamento á decisión do Tribunal Supremo e ao recorte nas liberdades democráticas que aplica o Estado español e deixa claro que máis cedo que tarde, as nacións sen estado venceremos!

Visca la Terra!

Viva Galiza Ceive e Popular!

Non faltes ás mobilizacións!:

Vigo: Farola de Urzaiz 20h

A Coruña: Subdelegación do Goberno 20h

Ferrol: Praza Amada García 20h

Ourense: Subdelegación do Goberno 20h

Compostela: Praza do Toural 20h

Pontevedra: Praza da Peregrina 20h

Lugo: Praza Maior 20h

Burela: Praza Mariña 20h