Lidya Castro, nova responsábel comarcal na Montaña

Lidya Castro (centro) foi escollida responsábel comarcal na comarca da Montaña.

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova na comarca da Montaña escolleu na tarde de onte por unanimidade a Lidya Castro como Responsábel Comarcal. Esta elección prodúcese no marco do proceso posterior á XV Asemblea Nacional de Galiza Nova, que tivo lugar o pasado 24 de novembro en Compostela, seguindo o estabelecido nos propios Estatutos da organización, polo cal agora se abre un proceso de renovación das responsabilidades. A elección de Lidya Castro como responsábel comarcal supón unha aposta clara pola renovación, xa que se trata dunha militante de recente incorporación en Galiza Nova pero con experiencia de traballo no BNG de Arzúa.

Lidya agradeceu á Asemblea a súa confianza, apuntando que asume con ilusión esta nova etapa. “Este novo período caracterízase pola ilusión para revitalizar Galiza Nova e o BNG nesta comarca, ampliando a nosa base de militantes e simpatizantes, tentando converter a esta organización nun referente para a mocidade.”

Tamén animou a toda a mocidade da Montaña a sumarse ao proxecto de Galiza Nova e do BNG, un proxecto verdadeiramente transformador para este País, así como aberto e participativo: “Todas as que queremos Sumar por Galiza temos un oco no seo de Galiza Nova e no BNG”, apuntou, “damos comezo a unha nova etapa para consolidar a organización na comarca da Montaña”.

Leave a Reply

Your email address will not be published.