LUME Nº15 16N FOLGA NO ENSINO

Publicamos o n°15 do noso voceiro de ensino medio, o LUME. Nel analizos a necesidade de apoiar a folga estudantil para o vindeiro 16 de novembro e presentamos as medidas de ensino que propomos na campaña Rebélate, Organízate e Loita.

A reivindicación arredor da que xira esta convocatoria está nas 50 medidas para liberar a mocidade galega. A medida n°10 é derrogar a LOMCE e crear unha Lei Galega de Educación pensada por e para a cominidade educativa galega.

Deixámoscho aquí para que poidas lelo na rede ou descargalo premendo nesta ligazón.