LUME Nº13 – NON Á LOMCE! NON AO 3+2! – 16F FOLGA ESTUDANTIL

Aquí tes un novo número do Lume, voceiro nacional de ensino medio de Galiza Nova. Desta volta, achegamos información sobre a folga estudantil convocada por Erguer. Estudantes da Galiza para o 16 de febreiro contra a LOMCE e o 3+2 e en defensa do ensino público galego.

Podes descargalo premendo aquí ou velo directamente aquí mesmo:

Nesta edición tamén están recollidas as mobilizacións convocadas por Erguer. Estudantes da Galiza o día 16 ás 12:00 en distintas localidades do país:

A Coruña – Praza de Vigo
O Barco de Valdeorras – Concentración na praza do Concello
Boiro – Concentración na praza do Concello
Caldas – Concentración na carballeira
Cangas – Concentración na praza do Concello
Compostela – Alameda
Ferrol – Diante do Edificio da Xunta
Lugo – Praza do Seminario
Melide – Diante do IES de Melide
Moaña – Concentración na praza do Concello
Ourense – Diante da Subdelegación do Goberno
Ponteareas – Concentración á saída dos IES
Pontevedra – Praza da Peregrina
Ribeira – Diante do IES nº1
Vigo – Praza América