Lumes Nunca Máis no Carballiño

Este sábado 18 de novembro ás 20h desde Galiza Nova organizamos no Auditorio do Carballiño, un acto sobre a situación actual logo da catastrófica vaga de lumes da semana pasada, a peor dos últimos anos no noso país.

Pretendemos con este acto analizar as consecuencias dos incendios forestais no noso país, mais sobre todo as súas causas, pois consideramos necesario que non se repitan estas situacións na Galiza, para o que é necesario cambiar o modelo forestal actual e rematar coa eucaliptización do noso monte.

Para isto contaremos coa proxección do documental Cinzas, que será presentado pola súa directora Clara Bells, así coma a intervención nunha chave política e analítica de Tereixa Paz, exdeputada do BNG.

#LumesNuncaMáis

Leave a Reply

Your email address will not be published.