Magosto no Carballiño para inaugurar o noso novo local. Agardámoste!

magostoVen ao magosto popular e foliada este martes 11 ás 19h no Carballiño! Ficas convidad@ á festa de inauguración do noso novo local na rúa Adolfo Otelo Landeiro, nº6 baixo. Comeremos castañas a fartar! Ven tomarlle unha e participa do debate, cóntanos como ves ti a situación, propón iniciativas, e coñece o noso punto de vista sobre o que está a pasar para xuntas e xuntos buscar as alternativas que a mocidade precisamos, para erguer unha Galiza ceibe e popular con futuro para a mocidade.