Magosto popular na Pobra contra o paro e a precariedade xuvenil!

MAGUSTONon te perdas a festa popular que arrincará este venres ás 20h na Praza do Emigrante da Pobra do Caramiñal! Neste magosto reivindicativo daremos a coñecer as propostas de Galiza Nova para a creación de emprego xuvenil na Galiza.

Cabe lembrarmos que cada día 70 moz@s de entre 20 e 34 anos abandonan Galiza. Máis de 26.000 emigraron o pasado ano!! Condénannos ao éxodo precarizando as condicións laborais, favorecendo unha maior temporalidade, contratos a tempo parcial e traballo sen dereitos. Actualmente a taxa de paro xuvenil na Galiza supera o 50% e máis de 80 000 moz@s que queren traballar non atopan emprego.

Anímate e ven con nós!